Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
30/11/1948
Ano de inicio:
1949
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego
Formato:
22 x 14 cm
Extensión:
18
Prezo:
Distribuída gratuitamente en Galicia e nas colectividades de emigrantes
Redacción:
Belgrano, 2186
Imprenta:
Bos Aires
Contido:
Publicación informativa das actividades patrióticas e culturais realizadas en Bos Aires anualmente. O número de 1950 está dedicado á memoria de Castelao, morto nese ano, e a maior parte da revista dá conta das homenaxes e outros actos organizados na súa honra polas colectividades galegas. O resto da publicación informa do labor cultural promovido polas sociedades galegas en Arxentina e noutros países
Observacións:
Na primeira páxina aparece como subtítulo: Labouras patrióticas e culturaes da coleitividade galega de Bos Aires, e das de outros países, perante o ano 1950
Ilustracións:
Só inclúe unha foto de Castelao no Centro Orensano de Bos Aires, que é a súa derradeira imaxe con vida
Publicidade:
Non ten
Números consultados:
1950: II
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”. .