Centro Galego de Barcelona

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Boletín interno da sociedade
Entidade editora:
Lugar:
Barcelona
País:
España
Data de inicio:
1/4/1978
Ano de inicio:
1978
Dirección:
Xosé Lois Vázquez Sotelo;
Administración:
Francisco A. Ferrio Diéguez;
Secretaría:
A. Garrote;
Sinatura de artigos reproducidos:
Xefatura de redacción:
Xosé-Luis Blanco Campaña;
Colaboración:
Basilio Losada Castro; Fernando Neyra; Francisco Dapena Alfonsín; J, Naya Pérez; Lluis Albert i Montaner; Luis Suárez Delgado; Manuel Casado Nieto; Manuel Rodríguez López; Néstor Luján; Olivia Saavedra Fernández; Pedro Sánchez Quintana; Pilar Corredoira; Xesús Taboada Chivite; Xosé Luís Blanco; Xosé Luis Vázquez Sotelo; Domingo García Sabell ; Eduardo Blanco Amor ; Manuel Espiña ; Xosé Filgueira Valverde ;
Periodicidade:
Variable, nos tres primeiros números é mensual; nos n.º 4-5 é bimensual, para volver a ser mensual nos n.º 6-7
Idioma:
Galego
Formato:
21,5 x 15,5
Extensión:
Variable, entre 24 e 36. O n.º 6 ten 60
Redacción:
Rambla de Capuchinos, 35-37. Barcelona
Imprenta:
Tipográficas DAG, Holanda, 7. Hospitalet de Llobregat.
Contido:
Voceiro de Sociedade, que informa das súas actividades e serve de canle de comunicación entre os socios e o Centro (Xunta directiva, asembleas, novas de carácter social como viaxes, vodas, nacementos, etc.). Tamén inclúe numerosos traballos sobre diferentes aspectos da cultura e da vida galega: historia, literatura (poesía, reproducións de textos, artigos sobre escritores, etc.), folclore (música, tradicións, festas, etc.), vida política (eleccións, accións de goberno, etc.), o asociacionismo dos emigrantes (Centro Galego de Bos Aires, Federación Mundial de Sociedades Galegas, etc.), descricións de vilas e comarcas, breves notas sobre persoeiros da cultura, novas sobre deporte, así como pasatempos e xogos
Observacións:
O número 6 contén un resumo do labor cultural realizado polo Centro nos últimos anos. O resto do número está dedicado case exclusivamente á queima intencionada da biblioteca do Centro (condenas do acto vandálico, telegramas de adhesión, etc.). O número 7, último número do ano, inclúe un pequeno balance do traballo realizado durante o seu primeiro ano de existencia
Ilustracións:
Fotografías escasas, só algunha de sociedade, de monumentos galegos e algún pequeno debuxo acompañando aos artigos, pero tamén escasos. Nas portadas reproducen fotografíass ou debuxos
Publicidade:
Abundante e intercalada entre os artigos. Anuncios de casas comerciais (moitas rexentadas por galegos), bancos, casas de seguros, construtoras e inmobiliarias
Números consultados:
1978: n.º 1-2, 4-7
Relacionadas:
Alborada. [2ª época], 1948 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Treboada. 1982 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Centro Gallego de Barcelona. 1990 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X. L. (1996): Radio e prensa na Galicia Exterior, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, p. 189
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Real Academia Galega. .