Repertorio da prensa da emigración galega

----

Centro Galego de Barcelona

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Boletín interno da sociedade

Entidade editora:
Lugar:
Barcelona
Inicio:
1978
Dirección
Xosé Lois Vázquez Sotelo;
Administración
Francisco A. Ferrio Diéguez;
Colaboración
Basilio Losada Castro; Fernando Neyra; Francisco Dapena Alfonsín; J, Naya Pérez; Lluis Albert i Montaner; Luis Suárez Delgado; Manuel Rodríguez López; Olivia Saavedra Fernández; Pedro Sánchez Quintana; Xosé Luís Blanco; Xosé Luis Vázquez Sotelo; Domingo García-Sabell; Eduardo Blanco Amor; Manuel Casado; Manuel Espiña Gamallo; Nestor Lujan; Pilar Corredoira; Xesús Taboada Chivite; Xosé Filgueira Valverde;
Secretaría
A. Garrote;
Sinatura de artigos reproducidos
Castelao;
Xefatura de redacción
Xose Luís Blanco Campaña;
Periodicidade:
Variable, nos tres primeiros números é mensual; nos n.º 4-5 é bimensual, para volver a ser mensual nos n.º 6-7.
Idioma:
Galego
Formato:
21,5 x 15,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 24 e 36 páxinas. O n.º 6 ten 60 páxinas
Redacción:
Rambla de Capuchinos, 35-37. Barcelona
Imprenta:
Tipográficas DAG, Holanda, 7. Hospitalet de Llobregat.
Contido:
Voceiro societario que informa das actividades do Centro e serve de canle de comunicación entre os socios e o Centro (Xunta directiva, asembleas, novas de carácter social como viaxes, vodas, nacementos etc.). Tamén inclúe numerosos traballos sobre diferentes aspectos da cultura e da vida galega: historia, literatura (poesía, reproducións de textos, artigos sobre escritores etc.), folclore (música, tradicións, festas etc.), vida política (eleccións, accións de goberno etc.), o asociacionismo dos emigrantes (Centro Gallego de Bos Aires, Federación Mundial de Sociedades Galegas etc.), descricións de vilas e comarcas, breves notas sobre persoeiros da cultura, novas sobre deporte, así como pasatempos e xogos.
Observacións:
O número 6 contén un resumo do labor cultural realizado polo Centro nos últimos anos. O resto do número está dedicado case exclusivamente á queima intencionada da biblioteca do Centro (condenas do acto vandálico, telegramas de adhesión etc.). O número 7, último número do ano, inclúe un pequeno balance do traballo realizado durante o seu primeiro ano de existencia.
Ilustracións:
Fotografías escasas, só algunha de sociedade, de monumentos galegos e algún pequeno debuxo acompañando aos artigos, pero tamén escasos. Nas portadas reproducen fotografíass ou debuxos.
Publicidade:
Abundante e intercalada entre os artigos. Anuncios de casas comerciais (moitas rexentadas por galegos), bancos, casas de seguros, construtoras e inmobiliarias.
Relacionadas:
Centro Gallego de Barcelona. (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.); Alborada. [2ª época], 1952 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.); Treboada. 1982 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.);