Subtítulo:

Revista Mensual: Lengua gallega, la raza y sus caracteres, música, usos y costumbres, paisaje, clima, tipos, tradiciones de la Provincia de Pontevedra.
Suplemento de La Temporada.

Lugar:
Madrid
País:
España
Inicio:
1915
Fin:
1922
Colaboración
Alejandro Larrubiera
Alfredo Vicenti
Augusto Pi y Súñer
Pérez Constanti
Basilio Álvarez Rodríguez
Emilia Pardo Bazán
Manuel Murguía
Sinatura de artigos reproducidos
Emilio Castelar
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego.
Formato:
28 x 19 cm
Extensión:
Entre 21 e 36
Prezo:
Gratuíta para os clientes do Balneario.
Contido:
Prensa cultural e de información, editada polos propietarios do Balneario de Mondariz. A publicación pretende o fomento do turismo cara a Galicia e, a través das súas páxinas, achéganos a distintos aspectos da cultura, a historia, a literatura, a música ou a arte galegas. Inclúe descricións ilustradas dos lugares máis chamativos da xeografía galaica. Destacan os artigos sobre o Balneario de Mondariz, onde se fai especial fincapé nos efectos terapéuticos das súas augas a través de longas exposicións realizadas por médicos. No número 38 comeza a publicar un suplemento baixo o título de La Hoja hidrológica, dirixido por Rodríguez Pinilla.
Observacións:
No nº 39 aparece o nº 2 do suplemento de Mondariz "La hoja hidrológica", o nº 4 aparece no nº 41.
Ilustracións:
Fotografías de paisaxes, de elementos artísticos de Galicia e, por suposto, do Balneario de Mondariz e dos seus facultativos. Tamén inclúe debuxos que ilustran relatos literarios e reproducións artísticas.
Publicidade:
Destaca o anuncio do Balneario de Mondariz, que aparece en todos os números. Tamén inclúe anuncios de establecementos comerciais, hostalaría e propaganda doutras publicacións.