Airiños Aires

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Galicia al día
Lugar:
Madrid
País:
España
Data de inicio:
1/8/1964
Ano de inicio:
1964
Dirección:
Gonzalo Pulido Carrasco;
Dirección artística:
Cipriano Torre Enciso;
Xerencia:
Gonzalo Pulido Carrasco;
Colaboración:
Ben-Cho-Shey; Eliseo Alonso Rodríguez; Uxío Novoneira; Carlos Martinez Barbeito ; José María Castroviejo ; Leandro Carré Alvarellos ;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
32 x 24 cm. Suplemento de outubro de 1964: 25,5 x 20 cm.
Extensión:
N.º 1: 52 páxinas. Monográfico-suplemento: 26 páxinas
Prezo:
España: 1 ano: 500 ptas. ; 6 meses: 275 ptas. Hispanoamérica e Portugal: 1 ano: 900 ptas.; 6 meses: 500 ptas. Resto de países: 1 ano: 1300 ptas.; 6 meses: 700 ptas. (suplemento): 50 pesetas
Redacción:
General Pardiñas, 26. Madrid
Imprenta:
Masares, Madrid. Madrid.
Contido:
Revista cultural e de información xeral que aborda, nos seus artigos e reportaxes gráficas, temas como a arte, as tradicións populares, o teatro, a lingua, etc., sen deixar de atender ás novas de actualidade. Complétase con páxinas de humor, horóscopo, crítica literaria etc.
Ilustracións:
Fotografías de actos de carácter institucional e social. Inclúe tamén, imaxes de diversos motivos e paisaxes de Galicia.
Publicidade:
Non ten.
Números consultados:
1964: n.º 1, 3, monografía (n.º 1) e anexo ao número correspondente a outubro
Depósito dos fondos:
Bibliotecas Municipais da Coruña , Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela , Biblioteca do Museo de Pontevedra. .