Galicia [Madrid 1932-33]

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Mensual Ilustrada

Entidade editora:
Lugar:
Madrid
País:
España
Época:
1ª época
Inicio:
1932
Fin:
1933
Dirección literaria
L. Conde de Rivera;
Dirección
José Boullón;
Xerencia
José Boullón;
Colaboración
A. del Castillo; Albert Jean; Antonio de Courson; Conrado Sánchez Escribano; E. Nóvoa González; Ernesto Padín; Francisco Javier Fariña; Francisco Villaespesa; Herminia Fariña; J. Fernández Merino; Jesús Fontes Blanco; José A. González; José Boullón; José Díez y Más; José Sánchez Anido; José Sánchez Rojas; L. Conde de Rivera; Lisardo R. Barreiro; Luis Bello; M. Casado Nieto; Manuel M. Flores; Mariano San Ildefonso; Nevado Sánchez Rubias; Ricardo García y Puig; Álvaro de las Casas; Avelino Gómez Ledo; César Alvajar; Félix Domingo Estrada; Heliodoro Gallego Armesto; Juan Rof Codina; Ramón Fernández Mato; Ramón Otero Pedrayo; Roberto Blanco Torres; Victoriano García Martí; Wenceslao Fernández Flórez;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, o galego úsase esporadicamente nalgunha poesía ou artigo
Formato:
24 x 17,5
Extensión:
32
Prezo:
1932: n.º especial: 0,50 ptas.1932-1933: subscrición anual: 3,50 ptas.; 6 meses: 2,00 ptas.; n.º solto: 0,30 ptas.; Extranxeiro (un ano): 5,00 ptas.
Redacción:
Trujillos (Travesía), 2. Madrid
Imprenta:
Imprenta Progreso, Jesús y María, 31. Madrid.
La Varga, Pardiñas. Madrid.
Imp. J. Espinosa, Caracas, 10. Madrid.
Contido:
Publicación creada co obxectivo de estreitar os vinculos dos emigrantes coa súa terra. "Galicia viene con el firme propósito de recordar a los gallegos de Madrid su tierra natal, de propalar las buenas obras de sus hijos, de sus agrupaciones, las unciones caritativas que desarrolla la entidad galaica en Madrid de más fuste y envergadura, de dar una enseñanza geográfica, histórica, artística, literaria y científica de forma y manera que a todos aproveche y a nadie dañe y empalague". De acordo con esta finalidade aparecen numerosos artigos sobre a cultura, a literatura, a arte, descricións de lugares de Galicia, biografías de galegos ilustres e colaboracións literarias. Tamén inclúe informacións sobre as sociedades de emigrantes galegas, sobre todo en Cuba e Madrid.
Ilustracións:
Numerosas fotografías de sociedade (individuais e de grupo), paisaxes, elementos artísticos de Galicia, Cuba etc. Presenza de gravados e debuxos que ilustran as portadas e os textos literarios.
Publicidade:
Escasa e localizada ao principio e final de cada número. Inclúe anuncios de establecementos comerciais, de especialistas médicos, bibliografía, hostalaría, academias, compañías de vapores etc. Contén continuas chamadas de atención para que os lectores se inscriban na Mutual Benéfica Gallega Quinta Salud.
Relacionadas:
Galicia [Madrid 1934]. [2ª época], 1934 (A publicación tivo dúas etapas, a 1ª e 2ª.);