Repertorio da prensa da emigración galega

----

Galicia [Madrid 1934]

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Gráfica Mensual

Lugar:
Madrid
Época:
2ª época
Inicio:
1934
Dirección
José Boullón;
Colaboración
A. Toledo; Antonio Carvajal Herbón; Antonio de Cora y Sabater; Antonio N. Oliva; Benigno Cuadrado; Carmen González; F. Porto Rey; José Boullón; Víctor Martínez; Félix Domingo Estrada; Manuel Casado;
Xefatura de redacción
Manuel Casado;
Periodicidade:
Mensual, pero algúns números son bimensuais
Idioma:
Predominio do castelán, con presenza do galego nalgúns artigos e poemas
Formato:
1934 - maio 1935: 27,5 x 21,5 cm xullo 1935: 27,5 x 22 cm
Extensión:
Variable, entre 28 e 38 (que ten o n.º extraordinario)
Prezo:
1934: número solto: 0,50 cts.; número solto (extraordinario): 1 pta.; 6 meses: 4 ptas.; 1 ano: 6 ptas.; número atrasado: 1 pta.; no estranxeiro: 2 pesos
Redacción:
Madrid. Madrid
Imprenta:
Talleres Gráficos Marsiega, M. Pelayo (Avenida), 12. Madrid.
Imp. Kosmographos, Adela Balboa, 10. Madrid.
Imp. Hispana, Escorial, 18. Madrid.
Contido:
Revista cultural, que ten como obxectivo: "Amar a la tierra, ensalzarla y cantar sus bellezas y recuerdos, crear una campaña idealista que dé a conocer a extraños la patria chica, eleve su conocimiento cultural y la disponga a ingresar en la nueva vida que sobre el mundo se cierne, con perfecto conocimiento de lo que Galicia ha sido antes, de lo que es hoy y de lo que debe ser mañana". Inclúe numerosas reportaxes gráficas que fan diferentes percorridos pola xeografía galega, e que se complementan con artigos sobre personaxes ilustres, os Centros galegos e colaboracións literarias, sen esquecer as páxinas dedicadas á arte e á muller. Por último, informa das actividades que se están a facer na Mutual Benéfica Gallega Quinta Salud.
Ilustracións:
Numerosas fotografías dos actos sociais de distintos Centros galegos, reproducións artísticas, paisaxes galegas. Os debuxos comprenden motivos galegos, paisaxes, etc., que ilustran contos, poemas e as páxinas da Arte e da Muller.
Publicidade:
Escasa e localizada ao principio e final de cada número. Inclúe anuncios de establecementos comerciais, hostalaría e, sobre todo, propaganda da Quinta de Salud, especialistas médicos etc.
Relacionadas:
Galicia [Madrid 1932-33]. [1ª época], 1932 (A publicación tivo dúas etapas, a 1ª e 2ª.);