Grupo de Traballo Galego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Londres
País:
Reino Unido
Época:
1ª época
Inicio:
1971
Fin:
1972
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
Presenta un formato de follas mecanografadas e grampadas. 1ª Época: 25 x 20 cm.
Extensión:
Variable, entre 2 e 6 páxinas
Contido:
Boletín de opinión sobre política migratoria e crítica cultural, que defende postulados galeguistas. A publicación pretende dar a coñecer o resultado dos debates entre os seus membros sobre cuestións que afectan a Galicia, principalmente dende unha perspectiva política e educativa. Os seus contidos xiran en torno á súa realidade social, política, económica e educativa, realizando reflexións e comentarios sobre temas tan diversos como o galeguismo, a emigración, a política galega, o bilingüismo, as accións do Goberno, ou a utilización da lingua galega na escola. Tamén inclúe comentarios sobre a imaxe social do galego, a importancia da literatura infantil en lingua galega, as iniciativas dos mestres galegos etc.
Observacións:
A publicación ten catro épocas diferenciadas: 1ª Época: 1971; 2ª Época: 1979; 3ª Época: 1983; 4ª Época: 2004
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Non ten
Relacionadas:
Grupo de Traballo Galego. [2ª época], 1979 (Outra época da mesma publicación editada polo chamado Grupo de Traballo Galego, de Londres.)
Grupo de Traballo Galego. [3ª época], 1983 (Outra época da mesma publicación editada polo chamado Grupo de Traballo Galego, de Londres.)
Grupo de Traballo Galego. [4ª época], 2004 (Publicación da mesma entidade editada noutra época)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1971: n.º 1-5
1972: n.º 7-8