RESUMO

Boletín Oficial del Centro Gallego
Ano XII, 1Ş ep. n. 173 ( 15/ 1/ 1918)

Na portada aparece como novo lema do boletín e da entidade editora «Todo por Galicia y para Galicia». Tal como podemos ler no editorial, coa nova directiva, presidida por Manuel Deschamps, aparecen novos rumbos tanto para o Centro Gallego como para o boletín, máis centrados en converterse no «templo sagrado de Galicia en América».
Sobre o boletín destáse que a partir dese momento «en las páginas de esta revista palpitará el alma galaica como en épocas pretéritas». Xa non consta como director Higinio Chantrero, de feito non aparece o nome dos encargados da súa publicación.