RESUMO

Alborada
Ano XVIII, 1ª ep. n. 118 ( 12/ 1942)

Número extraordinario celebrando o 18º aniversario da saída do primeiro número deste voceiro social. A portada é un debuxo de Francisco Lamas Barreiro feito especialmente para a revista e leva como nome «Figuras n'a paisaxe». En todo o número hai artigos e narrativas de persoeiros da cultura galega tanto de Galicia como alén mar; nel podemos ler obras e colaboracións «especial pra-Alborada» de Castelao, Antón Alonso Ríos, Gumersindo Sánchez Guisande, Benito Vicetto, Avelino Díaz, Ramón Rey Baltar, Rodolfo Prada, Abelardo L. Lousame, Purificación García Gómez, Manoel Roel entre outros.