RESUMO

Alborada
Ano XXV, 1ª ep. n. 143 ( 10/ 1949)

Número que corresponde ao terceiro trimestre do ano 1949, de agosto a outubro. Na portada aparece unha fotografía dun cadro colocado na casa social da ABC del Partido de Corcubión cun poema de Xervasio Paz Lestón «Humilde homaxe» dedicado, un por un, a todos os concellos que integran a sociedade: Corcubión, Fisterra, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo e Zas.
No editorial felicítanse polo florecemento da cultura galega tanto en Galicia como na Arxentina, tanto na lingua como no canto ou na música da nosa terra. Expoñente disto é o grande éxito de todas os festivais e romarías que organiza a ABC. Tamén apoian a idea de Antón Alonso Ríos de crear unha institución cultural galega no país que os acolle.