RESUMO

Alborada
Ano XXV, 1ª ep. n. 144 ( 1/ 1950)

Número de novembro de 1949 ata xaneiro de 1950. Na súa portada aparece unha fotografía da visita de socios e directivos da ABC ao Hogar Gallego para Ancianos, institución coa que colaboran activamente baixo o título «Agasallo aos nosos velliños».
Nas súas páxinas aparece publicada a noticia da morte de Castelao, figura moi vinculada coa entidade «os corcubioneses ademirabamos a Castelao desde antes de chegar ao país como exiliado político, e foi a nosa institución unha das primeiras en abrirlle as portas do afeito, de par en par, ao ilustre morto cando arribou a este xeneroso país, investindo, con indiscutible dereito, a representación moral da nosa patria encadeada (...)».