RESUMO

Alborada
Ano XXV, 1ª ep. n. 145 ( 4/ 1950)

Este número está dedicado a Castelao tras a súa morte en xaneiro dese ano. Na portada podemos ver un dos seus debuxos reproducidos. O número titúlase así «Lembrando a Castelao» e aparece a seguinte lenda: «Como un homaxe a memoria do noso guieiro espritual, fai pouco esparecido, reproducimos a portada do seu notábel libro "Cousas", verdadeira xoia da literatura galega».