RESUMO

Alborada
Ano XXV, 1ª ep. n. 146 ( 7/ 1950)

Revista con saída trimestral que abranque os meses de maio a xullo de 1950. Na portada aparece unha fotografía da Fábrica de Hidrocarburos de Brens en Cee (A Coruña) acabada de inaugurar baixo o título de «Galicia industrial».
No seu editorial analiza o minifundismo societario que existe na colectividade e as consecuencias negativas do mesmo para os seus asociados. Sen embargo hai que dicir que a ABC aínda que se fusionou con algunhas entidades da súa zona xeográfica como Muxía, nunca chegou aprobar a súa inserción nos centros provinciais da colectividade creados nos anos 60.