RESUMO

Alborada
Ano XXIX, 1ª ep. n. 160 ( 7/ 1954)

Número correspondente ao segundo trimestre do ano 1954, de maio a xullo. A súa portada continúa coa serie de «Gallegos Ilustres», esta vez dedicada ao escritor e poeta Leandro Carré Aldao «uno de los artífices del renacimiento cultural de nuestra postergada Galicia», quen conta con numerosas colaboracións na revista.
Destacan tamén as actividades para festexar o 18º aniversario do Estatuto de Galiza e o éxito da campaña entre os asociados para conseguir fondos con que mercar o campo de recreo da sociedade, así como acadar maior número de socios e socias.