RESUMO

El Despertar Gallego
Ano I, 1ª ep. n. 1 ( 1/ 1/ 1922)

Primeiro número do voceiro oficial da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en Buenos Aires.
Ademais de artigos de presentación do xornal cun Saludo, no que explican o seu interese e función, nas páxinas 5 e 6 aparecen reproducidos a Declaración de Principios e os Estatutos, aprobados no congreso constituínte da Federación, celebrado en setembro-outubro de 1921.