RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 2 ( 5/ 1983)

O número, dedicado ao Día das Letras Galegas, presenta un dosier central no que escritoras, críticas e xornalistas debaten sobre a muller e a literatura. O editorial fai unha crítica á proposta da lei do aborto do PSOE. Os artigos afondan na discriminación das mulleres no movemento obreiro e o 8 de Marzo. Inclúe entrevistas a sindicalistas do sector téxtil e unha crónica do despido de traballadoras da empresa pesqueira MAR. Aparece un artigo sobre o lesbianismo da Comisión de Lesbianas da AGM, que teñen un espazo de seu nos vindeiros números da revista. As páxinas de cultura céntranse na arte das mulleres de San Andrés de Teixido. Inclúe notas sobre organizacións e xornadas feministas no ámbito estatal e internacional.