RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 9 ( 1/ 1986)

O editorial ocúpase da campaña pacifista contra o ingreso na OTAN. Os artigos céntranse en cuestións sobre o abuso de poder e o sexismo no ámbito laboral e universitario, violación, refuxios para mulleres maltratadas, planificación familiar, prostitución, pacifismo, as mulleres nos medios de comunicación. No tocante a produción artística e cultural apórtase unha análise das letras das cancións postmodernas. Inclúe as habituais seccións da Comisión de Lesbianas e mais a de crítica de novidades. Nunha nota denúnciase o intento de control por parte do Instituto de la Mujer dunhas xornadas sobre muller e educación celebradas en Barcelona.