RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 11 ( 2/ 1987)

Recolle artigos e notas sobre a violación e destácase a sentenza do Tribunal de Mulleres Contra as Agresións celebrado en Madrid. Critícanse as políticas educativas e a homofobia nas institucións públicas, o sexismo nos medios de comunicación e a visión da sexualidade da Igrexa católica. Noutras colaboracións cuestiónanse as novas tecnoloxías reprodutivas, o sistema dos sexos, a educación e a prostitución. Entre as convocatorias feministas destácanse os II Encontros Galegos de Feministas Lesbianas. Nas páxinas de cultura publícanse recensións de revistas e libros feministas así como colaboracións de creación.