RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 13 ( 11/ 1987)

A violación ocupa o editorial e o dosier central. A sección de denuncias recolle información sobre prostitución, aborto ou homosexualidade e ofrece información da campaña pacifista contra a OTAN. Protagonizan as entrevistas as traballadoras da conserva, unha empregada dun centro de planeamento familiar e un especialista en psicoanálise. Destacan os textos dedicados á prostitución e a pornografía como forma de trangresión da moral tradicional. As notas sobre o movemento feminista xiran arredor do aborto, o lesbianismo, a violencia contra as mulleres, os dereitos laborais e o sistema universitario. Nas páxinas de cultura aparece un texto sobre a invisibilización das pintoras, recensións de novidades de literatura e cine e textos de creación.