RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 15 ( 6/ 1988)

O editorial salienta a importancia das lesbianas no cuestionamento da norma heterosexual para o movemento feminista. A sección de denuncias refire casos de discriminación das mulleres no ámbito da xustiza, nas administracións locais, nos partidos políticos, no INEM e nas actuacións policiais. Recolle artigos sobre a invisibilización das lesbianas, a educación sexual, os debates en torno a creación do Instituto Galego da Muller, a sexualidade tántrica e a situación das mulleres en Nicaragua. No espazo dedicado á cultura aparecen notas críticas sobre antropoloxía feminista, literatura, música, pintura e cine e mais textos de creación de poesía e banda deseñada.