RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 17 ( 3/ 1989)

No editorial e no groso deste número faise balance de catorce anos de loita feminista. As accións públicas organizadas por grupos, colectivos e organizacións feministas en Galicia arredor da data do 8 de Marzo e celebradas nos catorce anos transcorridos entre 1977 e 1989 protagonizan, por orde cronolóxica, as páxinas que compoñen este número. Destacan as manifestacións a favor dos anticonceptivos, o aborto, a coeducación e a liberdade das mulleres. Tamén as denuncias das discriminacións no ámbito laboral, a violencia contra as mulleres en todas as súas formas e a lesbofobia.