RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 20 ( 3/ 1990)

O editorial afástase da tradicional imaxe do que se considera a “muller galega” e en artigos e notas ofrécense novas visións sobre a súa consideración social e cultural. Denúncianse as agresións e violencia contra as mulleres en xeral e, en particular, na escola, e abúndase nos aspectos sociais do aborto. As páxinas de cultura analizan o feminismo en Rosalia de Castro, ofrecen unha entrevista a unha dramaturga e complétase con recensións de libros e cine galego. Inclúe unha nota sobre a IV Feira Internacional do Libro Feminista.