RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 22 ( 12/ 1990)

O editorial e o groso deste número ocúpase da sexualidade e, de maneira destacada, as polémicas arredor do uso do preservativo. Aparecen artigos e notas sobre prostitución, casas de acollida, a relación entre pornografía e violencia, os centros de planificación familiar, o aborto, a reprodución asistida e mais a guerra no Golfo Pérsico. Inclúese unha entrevista a unha traballadora da conserveira Charpo. Na sección de cultura analízanse desde o feminismo diversas figuras míticas femininas e a colaboración de banda deseñada trata os ciúmes.