RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 23 ( 3/ 1991)

A nota editorial denuncia os efectos negativos da institucionalización do 8 de Marzo na dinámica de grupos e colectivos feministas e amosa un contundente rexeitamento dos conflitos bélicos, que tamén son obxecto de análise en varios artigos. Outros textos xiran arredor da situación das mulleres en Alxer, Marrocos e Xapón, e analízanse as organizacións feministas de Latinoamérica e o Caribe. No apartado de comentos predominan as notas sobre aborto, abusos de poder e situacións de discriminación sexual. Inclúe recensións críticas de estudos sobre o feminismo en Exipto e sobre o patriarcado. Pecha o número un poema inédito.