RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 24 ( 6/ 1991)

A nota editorial destaca o proceso por aborto de vinte e dúas mulleres en Málaga. As páxinas do dosier central, sobre o 20 de Xuño, céntranse en diferentes aspectos relacionados co lesbianismo. A sección de comentos destaca a celebración de 8 de Marzo, os premios Alecrín-Alacrán e denuncia casos de tráfico infantil, discriminación e violencia contra as mulleres. Entrevístase ás antimilitaristas do campamento de Greenhan Common. Analízanse as eleccións municipais, a linguaxe sexista, unha exposición de arte en Galicia e a relación entre nacionalismo e feminismo. Na crítica de libros faise referencia a investigacións e revistas feministas.