RESUMO

Area
n. 04 ( 7/ 1988)

A cuberta recolle o lema “Mulleres libres na patria liberada”. O editorial céntrase na opresión heteropatriarcal e inclúe un manifesto contra a publicidade sexista. Os artigos tratan dos abusos contra as mulleres nos ámbitos doméstico e educativo, a derogación da lei antiterrorista, a publicidade sexista e faise un chamamento á participación nos actos do 28 de xuño e do 25 de xullo. Pecha coa sección de crítica cultural.