RESUMO

Area
n. 05 ( 3/ 1989)

O editorial aborda a liberdade de expresión e a necesidade de que as mulleres reivindiquen os seus dereitos no espazo público. Entre os temas a debate salientan os xoguetes sexistas, a pornografía, o xuízo a un violador e unha crítica á efectividade do Instituto Galego da Muller proposta polo PSG-EG. Dá conta das actividades das MNG: o 8 de marzo, baixo o lema “Contra as agressoms denúncia e acçom”; os II Encontros de Inverno; e a II Asemblea Nacional co lema “Livres para medrar, medrar para sermos livres”.