RESUMO

Area
n. 06 ( 2/ 1990)

O editorial abunda no 8 de marzo, dedicado á violencia do capitalismo patriarcal. Os artigos ocúpanse do caso de violación e asasinato dunha muller, da lei do aborto, dos xoguetes sexistas, da política municipal discriminatoria, dos xuízos a presas independentistas, a tortura policial e as mulleres no sandinismo. Anúnciase a publicación da primeira Agenda das MNG. A contraportada inclúe unha fotografía a favor do dereito ao aborto libre e gratuíto.