RESUMO

Area
n. 6-bis ( 7/ 1990)

O editorial abunda na necesidade de que as mulleres se organicen para loitar contra as discriminacións das que son obxecto en todos os espazos e ámbitos de relacións. Os artigos ocúpanse da violencia contra as mulleres, do aborto, das traballadoras do fogar, da adopción e da sexualidade das mulleres. A sección “Poesía/Libros” recolle un poema de Marta Cristina de Araújo e recomendacións bibliográficas. Presenta ilustracións de arquivo e un fragmento dun cadro de Jean-Auguste Dominique Ingres.