RESUMO

A muller e a loita
n. 17 ( 6/ 1976)

A portada recolle un deseño de Nuria Pompeia sobre a sobrecarga das mulleres nos labores domésticos. O editorial céntrase nas características dos grupos MDM e nas súas accións pola liberación das mulleres. Os artigos tratan da planificación familiar, as protestas das Auxiliares Técnicas Sanitarias, a explotación das mulleres no traballo remunerado e máis o sexismo no mundo laboral. Inclúe chamamentos a prol da causa das mulleres, da clase traballadora e da liberdade de expresión.