n. 19
RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 19 ( 12/ 1997)

Os temas do editorial son os roles de xénero, os medios de comunicación, a ablación e a violencia sexista. Nas notas breves trátase a obxección de conciencia, a Agrupación de Mulleres Violentas, os dereitos humanos e as relixións, o 25 de novembro “Día da Muller Maltratada”, o consumo, a pobreza ou a V Xornada dedicada á sexualidade organizada polo movemento veciñal de Vigo. O dossier “É sexista a lingua?” recolle colaboracións sobre a linguaxe sexista nos dicionarios, a literatura infantil e xuvenil ou a cultura popular tradicional. Inclúense artigos sobre agresións, o réxime agrario da Seguridade Social, a corrupción de menores ou a exploradora Marie C. Stopes. “Perfís” ocúpase da Asociación de Viúvas María Pita da Coruña e a contraportada de Coco Chanel. Aparecen, entre outras, ilustracións de Maika Gómez Novoa, Olga Mir, Anthony Browne, Adriana Exeni, S.H. Hammer, Montse Ginesta, Sindi Puga, Adela Turín e Nella Bosnia.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez