n. 2
RESUMO

O aturuxo
n. 2 ( 4/ 1981)

O editorial, ilustrado cun colante da CCGG, desenvolve as cuestións da represión e a marxinación. Un dos artigos destacados ofrece unha crítica á familia heteronormativa desde o marxismo, a liberdade sexual e o feminismo a partir dun libro de Héctor Anabitarte e Ricardo Lorenzo. Presenta un resumo das segundas xornadas de debate e estudo da COFLHEE que se ocuparon da opresión sexual en relación ao movemento obreiro, a vida cotiá, o código penal e cuestións como a “tolerancia represiva” e o “ghetto comercial”. Inclúe artigos en defensa da liberdade de expresión, contra o modelo da muller como anxo do fogar e mais unha entrevista á feminista Gretel Amman. Faise público o posicionamento do CCGG diante do 23F. Complétase coa axenda, comentarios de arte (George Segal) e cinema (Passolini), e un poema de Cristina Peri Rossi.