RESUMO

Deliberadamente
n. 12

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero deféndese a necesidade dunha Lei Galega que a combata. Inclúe unha historia da conmemoración e un demorado percorrido internacional por diversos casos de agresión, como a masacre de Montreal, salientando a dobre vara de medir social diante dos asuntos de política internacional. Nos artigos denúnciase o proxenetismo, deféndese o carácter identitario da linguaxe e a necesidade de empregar unha linguaxe non sexista. Péchase coa nova de dúas publicacións das MNG: O evidente non existe e Agenda Feminista Galega.