RESUMO

Deliberadamente
n. 13

Co título “Negro sobre negro”, o número céntrase no desastre do Prestige e as consecuencias da xestión da marea negra nas mulleres galegas. Inclúe artigos sobre a presenza da Marcha Mundial das Mulleres no Brasil no marco do Fórum Social Mundial, critícanse os postulados do catolicismo na educación en Galicia e, a partir da situación de Nicaragua, da oposición da igrexa aos dereitos reprodutivos de mulleres e nenas. Critícanse as políticas arancelarias da Unión Europea por insuficientes e discriminatorias para as mulleres con crianzas menores de tres anos.