RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 23 ( 7/ 1999)

O editorial solidarízase coas mulleres kosovares e serbias. Nas denuncias e comentos saliéntanse diferentes formas de violencia contra as mulleres e trátanse casos de racismo, homofobia, aborto e críticas á igrexa católica. Chus Lago, David Weeks, Xosé Enrique Rodríguez Peña, Aznar e Gallardón aparecen na sección “Celebridades”. O dossier “50 anos de O segundo sexo” ocúpase das traducións e relevancia desta obra de Simone de Beauvoir. Inclúe entrevista a Laura Bugallo, artigos sobre as formas de combater as violencias contra as mulleres desde dentro e fóra das institucións. Na sección de crítica saliéntanse libros de Märta Tikkane e Emilia Barrio, a película Mi vida en rosa e a obra de teatro Frida Kahlo. Ilustracións de Donna Ferrato, Ladislau da Pereira, Ellen Von Unworth, Virxilio Viéitez e Frida Kahlo. A figura destacada na contraportada é Freya Stark.