RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 24 ( 10/ 1999)

O editorial fala das violencias contra as mulleres e a impunidade dos maltratadores. Nas notas breves saliéntase a actividade de grupos e colectivos (Marcha Mundial das Mulleres, colectivo LEGAIS e Aula Castelao de Filosofía), e denúncianse as discriminacións das pescadoras da Albufera ou os sobresoldos dos executivos de Telefónica. Na sección “Celebridades” aparece Leonor Tiefe. Os artigos céntranse na prostitución, nos dez anos de loita das traballadoras de Charpo, na ética da selección de sexo, a trata de brancas e os dereitos fundamentais. Inclúe unha entrevista a Julia Vaquero. O dossier “Corpos espidos, corpos vestidos” centra esta cuestión na moda, no arte, no cine e na sociedade, e aborda tamén a anorexia e a bulimia. Incorpora ilustracións de Fernando Botero, Cindy Sherman, Ana Mendieta, Esther Ferrer, Natividad Abalón e Bárbara Kruger, entre outras. Mafalda é a figura da contraportada.