RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 25 ( 21/ 4/ 2000)

O editorial ocúpase da fecundidade e a demografía. As notas breves destacan a iniciativa irlandesa de convocar unha folga de mulleres para 8 de marzo e a creación da Cátedra de Estudos feministas da Universidade de Vigo. Recolle ademais notas sobre a violencia, o Observatorio Galego da Familia, a loita contra a droga, as discriminacións que deben aturar as científicas e as mulleres na política. Susana Seivane e Aurora Montes son as personalidades destacadas na sección “Celebridades”. O dossier “Feminino, masculino, ambiguo, neutro” aborda a transexualidade, o lesbianismo, a doutrina cristiá do matrimonio e o sistema sexoxenérico. Inclúe artigos sobre as revistas Nosotras e El Hogar y la Moda, as viaxeiras románticas do século XIX, a proposta parlamentaria sobre as discriminacións das mulleres presentada polo BNG no Parlamento español e as actividades da Vocalía da Muller da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo. Introduce ilustracións de Mónica Couso, Robert Mapplethorpe, Durero, Van Eick, Luís Seoane e Maruja Mallo. A figura da contraportada é a monxa Exeria.