RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 26 ( 21/ 6/ 2000)

O editorial céntrase na creación da Coordinadora Galega da Marcha Mundial de Mulleres. Nas notas breves fálase da fenda entre os sexos no mundo laboral, do aborto, das sexualidades, das traballadoras do sexo, do Banco Mundial, do Consello da Muller de Santiago de Compostela ou das Xornadas feministas en Córdoba. Entrevístase ao grupo musical Leilía. Conta con artigos sobre a violencia de xénero, as mulleres no Alarde de Irún, as drogas, as viaxeiras románticas, as axencias de viaxe, a publicidade no cine, os corpos como territorio político ou os 25 anos de ADEGA. O dossier “Mundo de homes, presenza de mulleres” describe a función das axencias de igualdade e recolle diferentes achegas á presenza das mulleres nas institucións e nas listas electorais. Na crítica de libros abórdase a presenza das mulleres na igrexa. A contraportada está dedicada a Sofía Kovalevski.