RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 27 ( 21/ 12/ 2000)

O editorial ocúpase das citas da Marcha Mundial de Mulleres en Bruxelas e Nova York. A transexualidade, a demografía, a liberdade, a fenda laboral, os malos tratos, a demografía, a homosexualidade ou a prostitución, son os temas tratados nas notas breves. A sección “Celebridades” fai memoria de Hagar Roublev. A entrevistada é Pascuala Campos de Michelena e o dossier trata a violencia machista nos diferentes espazos e ámbitos de relación e na lexislación. Os artigos falan da Rede de Mulleres, do Colectivo Transgaliza, da democracia, da casa de acollida de mulleres de Vigo ou da Bienal de arte de Pontevedra. A sección “Libros” reseña obras de Donna Haraway e de María Xosé Queizán. Artemisia Gentileschi ocupa a contraportada. Ademais de fotos de arquivo o número incorpora imaxes de Marga Sampaio e Lynn Randolph.