RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 28 ( 21/ 4/ 2001)

O editorial ofrece unha revisión dos números publicados da revista. Nas notas breves destácase a Concha Concheiro e María Pando Platas, achéganse datos sobre as traballadoras explotadas pola industria téxtil na India, as mulleres na política en Kuwait. En canto á actividade dos colectivos salienta a creación do xornal Adra e comenta publicacións e dereitos conseguidos polas asociacións LGTBIQ+. Os artigos abordan temas como a xornadas feministas de ámbito estatal de Córdoba, a distribución do tempo no ámbito familiar, os efectos da globalización na vida das labregas, o lugar das mulleres no mundo da publicidade e o teimudo dominio do sistema patriarcal. Tamén se trata a prostitución e a industria do sexo, que aparece ilustrada con imaxes do museo do erotismo de París. Os espazos de memoria recuperan as figuras de Mercedes Vieito Bouza e Billie Holiday. Unha memoria de licenciatura sobre lesbianas e un disco de Txaro e Candi centran os comentarios críticos.