RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 29 ( 21/ 6/ 2001)

No editorial e no dossier central recóllense críticas ao etnocentrismo e xenofobia de Occidente fronte as persoas doutras latitudes e faise un achegamento feminista ás mulleres de África, América Latina e Asia. As notas breves critican a relación da igrexa católica coas pílulas anticonceptivas, os traballos forzosos, a fame e a emigración das mulleres, a paternidade, o traballo doméstico. Dáse conta dun encontro internacional de mulleres en Redondela. Introdúcense artigos sobre feminismo e tecnoloxía, o traballo na industria do sexo, as familias monomarentais, o sexismo nas pintadas reivindicativas, as mulleres da Bauhaus ou a globalización, tema que tamén se trata nas lecturas recomendadas. María Elena Gravelli aparece na entrevista e Simone Weil na contraportada. Introduce ilustracións de Shirin Neshat, Xurxo Lobato, Bobin-Bonbat, Tamara Lempicka, Hannah Höch ou Lotte Beese.