RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 30 ( 21/ 12/ 2001)

O editorial ocúpase da situación das mulleres en Afganistán e recolle accións de denuncia contra a guerra. As notas breves destacan a Bárbara Lee, critican os modelos únicos, a violencia contra as mulleres en distintas idades, a exclusividade do matrimonio heterosexual e a conformación das listas electorais. O dossier “Máis emprego, menos traballo” recolle colaboracións de Tensi Álvarez, Iria Vázquez e Nanina Santos. O número inclúe artigos de Françoise Collin, Uqui Permui e María Teresa Alario sobre os corpos, as identidades e as imaxes e Sabela Pena fai memoria dalgunhas mulleres na historia. A contraportada está dedicada a Cristina de Pizán. Presenta, entre outras, ilustracións de Charles Hefling, Luca Babini, Mabel García, Ana Mendieta, Cindy Sherman, Helen Levitt, Remedios Varo, Magritte e Rembrandt.