RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 31 ( 20/ 4/ 2002)

O editorial céntrase na violencia, na cativa presenza de mulleres ocupando altos cargos co gallo do cume europeo de “ministros” de Xustiza e Interior celebrado en Santiago de Compostela, e da reificación das mulleres e do feminino nos imaxinarios e nas identidades. Estes últimos son os temas centrais da revista e os artigos que afondan neles son de Lourdes Méndez, Manuel Olveira, Uqui Permui, María Ruido, Bea Porqueres, Anna Amorós Pons, Charo Lacalle, Aurora García González e Antía López Gómez. Aparecen tamén achegas sobre o hiyad, a mulleres no mundo da música e das drogas. A crítica de cine céntrase na película Fucking Amal. Nas notas breves fálase ademais do cume antiglobalización de Porto Alegre, das prostitutas, das lesbianas, das mozas e da homofobia na igrexa católica. A contraportada está dedicada a Pilar Miró e as ilustracións son de Tracey Emin, María Ruido, Carrie Mae Weems, Txaro Fontalba, Estíbaliz Sádaba, Carolee Schneemann, Sofonisba Anguissola e Artemisia Gentileschi, entre outras.