RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 32 ( 21/ 6/ 2002)

O editorial ocúpase dun informe do Observatorio da publicidade sexista. Nas notas breves abórdase o prezo das compresas e os tampóns, as tarefas de coidado, a migración en pateras, o acoso, a celebración do 28 de xuño, o grupo musical Popemas, a Semana galega de filosofía de Pontevedra e a cantante de ópera Anne Sofie Von Otter. Os artigos ocúpanse do servizo doméstico, da violencia, da anorexia, da cirurxía estética e o canon de beleza, das subxectividades, das músicas galegas. Ana Fraga publica o primeiro dos seus artigos sobre o teatro grego cun achegamento a Fedra. A “Entrevista” céntrase en Rosa Regás e a recensión nunha antoloxía de estudios queer. Os espazos de memoria da revista inclúen textos sobre Sofía Casanova, Maria Barbeito, Maruja Mallo, Ruth Matilda Anderson, María Xosé Queizán, Exeria, Julia Minguillón e Mercedes Peón e a estraperlista Adela. A contraportada vai dedicada á pianista Pilar del Castillo. Inclúe ilustracións de Marjane Satrapi, Toño Gallego, Yolanda Ferrer, Laly G. Zambrano, Judy Francesconi ou Maria Espeus.