RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 33 ( 21/ 12/ 2002)

O editorial abunda na fenda económica existente entre homes e mulleres. As notas breves tratan da artista Mona Hatoum, das empregadas domésticas, da pobreza, da regulación da prostitución, do acoso laboral, do cine porno ou da Coordinadora de Mulleres contra a Violencia Ovarias. Introduce artigos sobre a situación das vellas, as persoas inmigrantes, os avances na aceptación da homosexualidade e un resumo sobre o informe sobre os malos tratos en España. Entrevístase, ademais, a dúas mulleres con cancro de mama. Recolle a habitual sección de crítica de cine e libros. As seccións de memoria recuperan unha peixeira chamada Carmiña e, na contraportada, Flora Tristán.