RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 34 ( 20/ 4/ 2003)

O editorial, co lema “Guerra nunca máis”, e o dossier denuncian a invasión de Irak e posiciónanse contra as guerras. Presenta artigos de Luz Saavedra, Isaura Graña, Ximena Bedregal, Andrea D’Atri, Rosa Rojas, Sunila Abeyesekera. Nas notas breves fálase de Susan Sontang, Nora Jones, a presidenta de Finlandia Tarja Halonen, unha historia da prostitución en España ou o dúo musical The Caterpillar. Fálase tamén das empregadas do fogar e de axudas da Xunta de Galicia para as nais traballadoras. Inclúe un artigo sobre o proxecto artístico Corpos de producción.03 e Ana Fraga continúa a súa serie coa figura de Lisístrata. Protagoniza a entrevista a atadora Valvanera Trigo e os espazos biográficos ocúpanse dunha mestra rural chamada Cristina e, na contraportada, da artista Käthe Kollwitz. As ilustracións son de Teresa Novoa, entre outras.