RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 35 ( 21/ 6/ 2003)

O editorial destaca o lugar das relacións entre os sexos e as sexualidades nas reflexións feministas sobre a nación. As notas breves ocúpanse de Rosario Álvarez, Nélida Piñón, Sophia Mello Breyner e Lidia Senra, dos feminicidios en Ciudad Juárez, da recuperación da memoria das mulleres da Maía realizada polo IES Esparís ou da Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT). Os artigos informan dun encontro de Mulleres Cristiás Galegas e reflexionan sobre os feminismos, os efectos da industrialización no agro, a reforma do código penal e o xénero como categoría binaria. Ana Fraga continúa a súa serie coa figura de Antígona. Mónica Wittig e as lembranzas dunha moza nos tempos da República e a guerra ocupan outros artigos. Inclúe a habitual crítica fílmica e de libros. Entrevístase a María Galindo, de Mulleres Creando, e a contraportada ocúpase de María Soliña. Inclúe ilustracións de María Esteirán, Agnolo Bronzino, Mónica Couso, Joel Peter Witkin, Man Ray, Eulalia Valldosera e Orlan.