RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 36 ( 12/ 2003)

O editorial celebra os vinte anos da creación da revista reclamando o espazo público para as mulleres. Shirín Evadi, Amina Laval, Tal Haran e Chus Lago protagonizan as notas breves onde se tratan, tamén, problemas no ámbito laboral, a emigración, a educación e o traballo sexual. Os artigos ocúpanse da prostitución, da sociedade de redes e a acción feminista, e do Sínodo de Mulleres de Barcelona. Na recuperación da memoria fálase das Mulleres de Al-Andalus e a contraportada lembra á fotógrafa Julia Margaret Cameron. Entrevístase a María Galindo, de Mulleres Creando. Inclúe ilustracións de Mónica Couso Boán, Enzo de Luca e José Luis Muñoz.