RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 37 ( 3/ 2004)

O editorial trata a violencia, as desigualdades sociais das mulleres ciganas, o sexismo na Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE) e a imposición social da maternidade, cuestións nas que se fonda nos artigos deste número. Tamén se recolle a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade e os novos triunfos do feminismo en Mozambique. As notas breves están protagonizadas por María del Carmen Lojo Barreiro, Carolina Robertson e Marianne Eriksson. Rescátase a historia de dúas mulleres, Renatta Pallottini e a coidadora Chita, e a figura mitolóxica de Medea. A contraportada homenaxea a fotógrafa Tina Modotti. Inclúe ilustracións de N. Coromoto.